BLOG CRA A LAGOA

viernes, 21 de abril de 2023

VISITA DOS BOMBEIROS

O pasado mércores 19 de abril todas as escolas do CRA fixemos unha xuntanza en Fornelos. 

Cando chegamos alí xa estaban os Bombeiros do EPRIF (Equipo de Prevención Integral de Incendios Forestais) esperando por nós. Sen dúbida unha experiencia que moitos dos nenos e das nenas xamais olvidarán. Ensináronnos como é o seu traballo e incluso cales son as ferramentos e equipamento que utilizan, pero sen dúbida o que máis nos gustou foi ver a mangueira botar auga. 

Unha vez máis moitísimas grazas, non só por vir onda nós senon tamén, polo traballo que facedes día a día. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario