BLOG CRA A LAGOA

miércoles, 22 de noviembre de 2023

CRA A LAGOA

FROITOS DO OUTONO

As aulas do Cra A Lagoa están en plena investigación de froitos de outono, as súas propiedades, o seu sabor, cheiro, textura, ... son múltiples as situacións de aprendizaxe que nos están a deixar e estamos a aproveitalas ao máximo. 


AULA DE CORZÁNS

 

CHULAS DE CABAZA


Pesar os ingredientes, contamos, escribir a receita, amasar, etc. cantos son algúns dos conceptos que podemos traballar grazas a un taller de cociña, sen dúbida os nenos e as nenas de Corzáns descubrirono grazas a estas Chulas de Cabaza que fixeron, estaban riquísimas. 




miércoles, 15 de noviembre de 2023

MÓVETE POLA LAGOA

 

MÓVETE POLA LAGOA


O curso 2023 2024 será momento de coñecer mellor a nosa contorna teremos un Proyecto Documental Integrado (PDI) que irá impregnando a maioría das actividades que fagamos ao longo do curso e grazas ao cal se traballará o noso proxecto de Voz Natura que leva por título FLORA E FAUNA DE SALVATERRA. 

Familias, animádevos a participar, estamos seguras de que tendes moito que aportarnos. 








viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO

 A festividade do Magosto é unha escusa perfecta para que as sete escolas do CRA A Lagoa se xunten e convivan en un día máxico cheo de Logos, aventuras e de mooooitas castañas. 

As sete escolas xuntñamonos en Leirado para realizar unhas tarefas en pequenos grupos, estas foron decoración do castañeiro feito con cartóns de leite, arte con materiais da contorna e unha instalación dende o equipo de biblioteca para conmemorar o día das Bibliotecas. 

Ao rematar estas tarefas merenda grazas á colaboración do ANPA e asado das castañas. 



AULA OLEIROS

 

MANUALIDADE CON MATERIAL DE RECICLAXE


Na escola de Oleiros fixemos estas terroríficas meigas con material de reciclaxe, unha tarefa que axuda a a mellorar a motricidade fina do alumnado.