BLOG CRA A LAGOA

viernes, 9 de diciembre de 2022

MES DA CIENCIA

O mes de novembro é o mes da ciencia. Lagoíño, a mascota da nosa biblioteca, propuxonos un reto para as diferentes escolas. Cada unha delas deberá de investigar unha árbore que se atope na sua contorna máis próxima. 

Son árbores variadas, diferentes e fermosas que adornan os nosos patios ou a nosa contorna. Investigamos os seus froitos, as súas follas, o seu tronco e tamaño. 

Con toda esta información fixemos un libro que agora forma parte da nosa biblioteca.