BLOG CRA A LAGOA

miércoles, 27 de octubre de 2021

QUE LLE ESTARÁ PASANDO AO NOSO CIPRÉS?



O noso ciprés está secando e non sabemos por que.  Imos ter que investigar un pouquiño para ver se conseguimos salvalo...





 

miércoles, 20 de octubre de 2021

ABOANDO A TERRA


Empezamos a mesturar o abono coa terra.  Confesamos que non é unha tarefa moi agradable porque cheira moi mal, pero vai merecer a pena cando vexamos medrar as nosas plantiñas.




 




miércoles, 13 de octubre de 2021

TRABALLANDO NA HORTA DURAMENTE

 





Estamos sachando a terra para abrandala e poder removela co abono, porque estaba moi moi dura!!




Pero ollo, non todo son malas herbas, aínda quedan algunhas plantiñas das que plantamos o ano pasado.  E para non pisalas nun descoido, decidimos protexelas cunha estrutura de madeira.  Que cousas máis boas se nos ocorren para as nosas hortiñas.





martes, 5 de octubre de 2021

QUE ESTAREMOS TRAMANDO?




Pois moi sinxelo.  O curso pasado tivemos algún problemiña para que nos crecesen as leitugas.  Investigando e consultándolle a diferentes expertos, descubrimos que o problema foi que a terra non tiña nutrientes suficientes para as nosas plantiñas.  Este ano non nos vai volver pasar, pois imos preparar a terra para tela ben nutrida cando plantemos.  Que como o imos facer? Pois removendo todo este abono coa terra das nosas hortas.  Non vos perdades o proceso.




 

viernes, 1 de octubre de 2021

O OUTONO XA CHEGOU!


Xa chegou o Outono e con el, novas tarefas para ter as nosas hortiñas a punto. Estes días tocou barrer as follas que xa empezan a caer das árbores do patio.