BLOG CRA A LAGOA

jueves, 18 de mayo de 2023

SEMENTEIRA

 En Corzáns no mes de maio celébrase a festa da Sementeira, un día que pretende dar valor as tradicións e costumes relacionadas coa agricultura e co campo. 

Por iso o alumnado de Arantei e Corzáns fixo unha convivencia para poder vivir a experiencia man a man. 

Foi un día de múltiples aventuras, non vos perdades o vídeo. 




jueves, 11 de mayo de 2023

SEGANOSA

O pasado 21 de abril a aula de Vesada saiu a Seganosa. É un centro de formación de emerxencias  e seguridade industrial,  foi unha saída espectacular que lle encantou a nenos e mestras. 

Moitísimas Grazas









viernes, 5 de mayo de 2023

As pesqueiras das Lampreas


Salvaterra está moi unida á pesca das lampreas. Moitas familias teñen permiso para ir ás pesqueiras a pescar este delicioso peixe, por iso tivemos a oportunidade de ir ver unha pesqueira ao río Tea. 

Grazas por ensinarnos esta labor.