BLOG CRA A LAGOA

viernes, 1 de diciembre de 2023

COLLEITA

Neste trimestre estamos inmersos en aprender cales son aquelas produtos que colleitamos no outono, para iso algunhas das nosas escolas están a facer pequenas saídas na contorna para ver de primeira man as colheitas dos nosos familiares. Millo, pipas de xirasol, kiwi, cabazas, etc Grazas a estas saídas podemos ademais ver cales son os animais que teñen nas súas casas. 
Grazas ás familias que unha vez máis nos axudan a realizar estas actividades, e en especial a familia ACUÑA, que aínda que xa non veñen ao noso CRA, seguen invitándonos a actividades tan bonitas coma esta.