BLOG CRA A LAGOA

jueves, 30 de marzo de 2023

A HORTA DE CORZÁNS


As nenas e os nenos de Corzáns levan moito tempo traballando no seu horto. 

Empezaron sementando os seus chícharos na aula, cada vez estaban máis grandes así que agora chegou a hora de preparar o horto para plantalos dentro de pouco. 




viernes, 24 de marzo de 2023

OS VERMES DE SEDA

 Xa naceros os vermes de seda!

Poucos días antes do inicio da primavera xa naceron os vermes de seda, este ano foi bastante difícil atopar as follas, pero grazas a moitas familias e en especial á mestra Aloia os nosos vermes xa están medrando cada día máis. 






lunes, 20 de marzo de 2023

RECICLANDO A SEMANA DA PRENSA

 FESTA RACHADA!

A semana da prensa foi moi intensa no nos CRA, tomando como referencia unha proposta do Equipo de Biblioteca e en colaboración con todas as mestras da escola, procedeuse a realizar diferentes instalacións con periódicos nas aulas.

só hai que ver as caras de felicidade para saber que foi unha actividade que realmente lles encantou. 













EMPEZA A PRIMAVERA

 Hoxe empeza a primavera, que mellor maneira de recibila que xogando coas flores, tocalas, cortalas, cheiralas, ... son realmente fermosas.  





jueves, 9 de marzo de 2023

OS AMORODOS DE OLEIROS

 

Na escola de Oleiros xa plantaron os amorodos. 

En pouquiño tempo xa poderemos probalos, que ganas!! 

ENCÁNTANNOS!