BLOG CRA A LAGOA

martes, 16 de abril de 2024

TRABALLO DURO




MESA EXPERIMENTACIÓN

 A primavera está a deixar os campos de Salvaterra de Miño cheos de novos olores, vistas, tactos. Estas situacións abren un amplo abanico de experiencias as cales introducimos na aula con mesas de experimentación coma esta. 




jueves, 11 de abril de 2024

ARANTEI E VESADA


O BO TEMPO TRAE CONSIGO MOITO TRABALLO ATRASADO, NADA IMPOSIBLE PARA OS NENOS E AS NENAS DO CRA QUE TRABALLARON ARREO PARA LIMPAR A TERRA E DEIXALA PREPARADA PARA AS NOVAS PLANTACIÓNS. 










 

miércoles, 10 de abril de 2024

OLEIROS


A PRIMAVERA E O FIN DAS CHOIVAS TRAE CONSIGO TRABALLOS MOI DUROS EINTENSOS PARA OS NOSOS NENOS E NENAS. 




jueves, 21 de marzo de 2024

OS NOSOS HORTOS


 Os nenos e as nenas seguen a traballar arreo para poñer os hortos ao día, sempre grazas á colaboración das FAMILIAS que son a base e esencia das nosas escolas. 



viernes, 1 de marzo de 2024

ABELLAS

 

Nas escolas do Cra A Lagoa estamos a traballar contidos relacionados coas abellas polo que a Nosa mascota da biblioteca, Lagoíño, está rodeada de libros e xogos que traballan esta temática, e que están preparados para rotar pocas aulas. 



HORTA OLEIROS


PREPARANDO AS NOSAS HORTAS



jueves, 29 de febrero de 2024

HORTO

 Pouco a pouco vaise acercando o tempo de empezar a SEMENTAR nos nosos hortos polo que estes días estamos empezando a traballar arreo para prepararlos, pois as malas herbas medraron moito e temos un duro traballo por diante. 




lunes, 15 de enero de 2024

TEMPO DE LARANXAS

Tempo de laranxas e limóns e as familias coma sempre axúdannos traendo un montón de material para realizar múltiples actividades. Desta vez aproveitamos para tocar, exprimir, tocar diferentes texturas, cheiralas e sentilas, que mellor maneira de coñecer e sentir. 



viernes, 1 de diciembre de 2023

COLLEITA

Neste trimestre estamos inmersos en aprender cales son aquelas produtos que colleitamos no outono, para iso algunhas das nosas escolas están a facer pequenas saídas na contorna para ver de primeira man as colheitas dos nosos familiares. Millo, pipas de xirasol, kiwi, cabazas, etc Grazas a estas saídas podemos ademais ver cales son os animais que teñen nas súas casas. 
Grazas ás familias que unha vez máis nos axudan a realizar estas actividades, e en especial a familia ACUÑA, que aínda que xa non veñen ao noso CRA, seguen invitándonos a actividades tan bonitas coma esta.